viernes, 14 de diciembre de 2012

Un adianto á visita que fixemos ó Centro de desarrollo local en Ponteareas para asistir a
Video-conferencia con Papá Nöel

Click to play this Smilebox slideshow

 

martes, 11 de diciembre de 2012

Estes días todos os nenos e nenas do mundo estan a recibir esta mensaxe de Papá Nöel e nos queremola ter no noso blog para poder axudar a Rudolf.


XOVES 13 VIDEO-CONFERENCIA CON PAPÁ NOËL
Click to play this Smilebox presentación



 
 
 

lunes, 10 de diciembre de 2012

Estamos a coñecer as regletas de Cuisenaire.

Déixovos información.E intentarei deixar un link para que nas vacacións de Nadal os nenos e nenas poidan xogar on line


As regretas de Cuisenaire son un versátil xogo de manipulación matemática utilizado na escola, así como noutros niveis de aprendizaxe e mesmo con adultos. Utilízanse para ensinar a unha ampla variedade de temas matemáticos, como as catro operacións básica, fraccións, área, volume, raíces cadradas, resolución de ecuacións simples, os sistemas de ecuacións, e mesmo ecuacións cuadráticas As regretas (réglettes en francés orixinal) foron chamadas así logo de que o seu inventor, Georges Cuisenaire (1891-1976), un profesor de escola primaria de Bélxica, publicase un libro sobre o seu uso en 1952, chamado Los números en cores. O uso de regretas para o ensino tanto das matemáticas coma de idiomas foi desenvolvido e popularizado por Caleb Gattegno, en moitos países de todo o mundo.

No sistema, hai 10 regretas de 1 cm a 10 cm. Ás regretas de igual lonxitude asígnaselles
a
mesma cor.
As regretas de Cuisenaire seguen este sistema:
Regreta Branca =1 cm.
Regreta Vermella =2 cm.
Regreta Verde claro =3 cm.
Regreta Carmín =4 cm.                                        
Regreta Amarela =5 cm.
Regreta Verde Escuro =6 cm.
Regreta Negra =7 cm.
Regreta Café =8 cm.
Regreta Azul =9 cm.
Regreta Laranxa =10 cm.











domingo, 9 de diciembre de 2012

Recopilamos algunhas das actividades do mes de Novembro...esperamos  que vos gusten
Click to play this Smilebox slideshow


 

lunes, 3 de diciembre de 2012

O día 23 de Novembro tivemos unha  saída o parque de psicomotricidade Mundo Pirata Park en Alcabre-Vigo pasámolo moi ben.
A profe tivo algúns problemas coas fotos e por iso tardou en subir o video.Pero por fin podémolo ollar.


 

martes, 20 de noviembre de 2012

Ola a todos e todas!!!estamos na clase cantando esta canción no día dos
" DEREITOS UNIVERSAIS DOS NENOS E DAS NENAS"
 Queredes cantar con nós?



HOXE 20 DE NOVEMBRO É O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1998 UNICEF pensou en como divulgar os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, e pediulles a creadores e directores de todo o mundo que fixesen curtos animados de 30 segundos sobre algún dos dereitos da Convención. Dende entón, máis de 70 estudos de 32 países realizaron animacións para este proxecto. Estes debuxos emitíronse en televisións de todo o mundo.
Máis información sobre dereitos de infancia en www.unicef.es/derechos



 

domingo, 11 de noviembre de 2012

Durante toda a semana estivemos cantando cancións de Outono pero esta é a que máis lles gusta.
Ollade que ben o fan.


lunes, 5 de noviembre de 2012

LUNS, e  volta a realidade despois destes días de descanso.
Pasado o Samaín chegamos ás aulas con ganas de aprender moitas cousas sobre a estación do ano que nos acompaña.
Dende hai un par de  semanas vimos cantando na aula de 4 anos esta canción,déixovola para que cantedes cós vosos fillos e fillas

.

lunes, 29 de octubre de 2012


Hoxe propomos unha noite máxica para o día 31 de Outubro ; propomos acompañar as estrelas iluminando canda elas os lugares con candeas. Na noite de hoxe poderás gozar do Samaín como un guerreiro celta e facer voar a imaxinación con mil follas de outono, con mil palabras que axudarán a superar os teus medos.
Samaín, palabra gaélica, significa a fin do verán. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, honrar os mortos, comer e celebrar xuntos as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano pois entre o mundo real e o das án
imas tendíanse pontes que os valorosos celtas temían. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban poñer no alto as caveiras iluminadas dos inimigos mortos. Co paso do tempo, e coa chegada da paz, estas foron substituídas por cabazas ou melóns iluminados que chegaron aos nosos días.


O Halloween americano ten a súa orixe no Samaín. A tradición viaxou, maioritariamente, canda milleiros de irlandeses pola fame derivando nunha especie de entroido, pero mantendo características propias desta festa como son as calacús e as ánimas. Hoxe en Galicia dáse a circunstancia anecdótica de contar coas dúas variantes, a propia e autóctona e a que viaxou e veu de volta. Agora que sabemos que o noso é o Samaín poderemos achegarnos a vilas e as escolas como a nosa ,e vivir a tradición  da nosa terra para que deste xeito non esquezamos algo tan bonito como é o noso Samaín.

CUMPLE AINARA

Click to play this Smilebox slideshow
CUMPLE AINARA


 

 
Tamén Gabri estivo de cumple e preparamos un fiestón.
Si  é que non paramos con tanta festa.

Click to play this Smilebox slideshow
 
 
Brais estivo no verán de aniversario pero tiña moitísimas ganas de invitar os seus amigos e amigas  a unha pequena festa no cole
Hai unhas cantas semanas trouxo unha tartiña e tivemos unha boa e sabrosa merendola.


Click to play this Smilebox photo album
 
 

jueves, 4 de octubre de 2012

Ola peques!! Xuntos outro curso.
Levamos  dende Setembro no cole, pero queríamos xuntar moitas novas para contar.
Este verán pasaron moitas cousas: Naceron irmanciños e irmanciñas, fomos de paseo a praia, a casa de amigos e amigas ,xogamos moitísimo, e agora con moitas ganas e forzas: COMEZAMOS!!

FELIZ E DIVERTIDO CURSO
                2012-2013

lunes, 4 de junio de 2012

O Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day) é un evento anual que leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na súa Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972 coa que se deu inicio á Conferencia de Estocolmo (Suecia), cuxo tema central foi o Medio Humano.
O Día Mundial do Medio Ambiente é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política respecto diso.

Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gozar dun futuro máis prospero e seguro.

Nós para celebrar este día e amosar os nosos alumnos e alumnas a importancia de coidar o noso planeta, preparamos unha Andaina dende o cole ata Cumiar. Os nenos e nenas poideron comprobar a beleza do noso entorno máis próximo e concienciáronse un pouquiño do coidado que temos que ter para protexer o máis bonito que temos.


Click to play this Smilebox slideshow

sábado, 26 de mayo de 2012

Seguimos traballando no proxecto do conto do "Polo Pepe" partindo deste conto e da canción adaptada que fixo Mamá Cabra con Susa Herrera estamos a facer na clase un montón de cousas.Traballamos na pizarra dixital as fichas que logo facemos no papel,traballamos coas actividades propostas nun traballo utilizando o programa JClic,investigamos, pintamos, recortamas,picamos,etc etc.
Hoxe levaron despois de que cada un fixera un gran traballo, unha especie de marioneta do Polo Pepe para cantar na casa a canción que aprenderon en clase.
Tamén visualizamos uns videos,que  ides disfrutar xa que no mundo do Polo Pepe hai moitas cousas por coñecer.....a granxa,os animais da granxa, os alimentos .....


Vimos este video de la canción clásica "La gallina Turuleca" nos reimos un montón y descubrimos moitísimas cousas.




Con "La gallina pintadita" descubrimos que a pesar das cores das galiñas estas outras son moi
bonitas e divertidas.

.

jueves, 24 de mayo de 2012

Hoxe disfrutamos de un día espectácular: Teatro e merenda  no parque de Samil.

Click to play this Smilebox slideshow

martes, 22 de mayo de 2012

Hoxe pola mañá na clase, estivemos ollando este video de pingüins,para saber: onde viven,  que son os polos e se fai frío ou calor.
Tamén soubemos si os pingüins,son animais dócil ou salvaxes,se teñen ás e se poden voar.Fíxonos moita graza o seu movemento ó andar, e nós tentamos camiñar como eles....que risa!!


lunes, 21 de mayo de 2012

Déixovos este enlace para ver as actividades propostas e un video


http://www.periferiateatro.com/pinguin/pinguin.html
IMOS DE EXCURSIÓN!!!

LEMBRADE QUE O MÉRCORES IMOS A VIGO PARA DISFRUTAR DUNHA OBRIÑA DE MONICREQUES :                             "PINGÜIN".




Periferia Teatro presenta Pingüin, en Vigo, o 23 de maio. O centro socioculturais Novacaixagalicia acolle, ás 10.00 h, esta obra de monicreques premiada á Mellor Proposta Dramática na Feira de Monicreques de Lleida 2000 e Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Monicreques de Praga 2004. Unha historia na que a través das divertidas peripecias do seu protagonista se tratan en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais e fillos. Neste caso, a difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención dos seus pais coa chegada dun novo membro á familia.

A familia Pingüin vive nunha envexable harmonía: Mamá Pingüin polas mañás coida da casa e polas tardes pesca; Papá Pingüin polas mañás pesca e polas tardes coida da casa e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero algo está cambiando... Bobo está a piques de vivir unha sorprendente aventura. Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmanciño!

Periferia Teatro dedícase desde o ano 1989 á investigación e ao coñecemento do teatro de monicreques, ofrecendo aos nenos unha variada e coidada selección de fantasía coa que se senten identificados. As súas producións contan con guión literario propio, conxugando reflexión e diversión con novos argumentos da actualidade infantil. A compañía participou na maioría de programacións infantís e en numerosos festivais nacionais e internacionais, resultando premiadas as súas máis recentes producións: Pingüin, Pocosueño e Guyi Guyi.

Director: Juan Manuel Quiñonero
Manipuladores: Marisol García e Juan Manuel Quiñonero
Axudante de dirección: Mª Dores Balsalobre
Selección musical: Zoila García
Construción marionetas: Juan Manuel Quiñonero


sábado, 19 de mayo de 2012

Durante toda a semana estivemos a preparar o Festival das Letras Galegas.
O primeiro foi, saber que celebrabamos todos os 17 de maio?
Despois coñecemos o escritor homenaxeado deste ano:
                                                                "Valentín Paz Andrade"
Asi que unha vez feito todo isto, preparamos a conciencia a unidade e descubrimos moitas cousas.


Cómo ademáis de escritor Valentín Paz Andrade fundou Pescanova e encantábanlle os temas relacionados co mar .
En E.Infantil decidimos cantar cancións relacionadas có mar, os peixes,etc e asi fotografiáronnos o día do Festival,esperamos que vos guste.

lunes, 23 de abril de 2012

Hoxe é un día moi especial e moi importante. É o DIA DO LIBRO
Quero que teñades un agasallo de parte da profe.
                         UNHA POESÍA 
É unha poesía moi bonita de Rubén Darío que fala do "LIBRO".
Cando a profe volva ao cole,  imola recitar todos e todas, vale?
Que pasedes un día  xenial  é lembrade que....
 OS LIBROS SON: 
                               "OS NOSOS MELLORES AMIGOS".
                                            23 DE ABRIL DE 2012

El libro es el telescopio
con el que se ve el infinito,
y la 
estrella, el aerolito
y nuestro 
planeta propio:
es también el microscopio
que en una mínima gota
nos hace ver como flota
un orbe a todos igual,
que es del coro universal,
una bellísima nota.
El libro es fuerza, es valor,
es poder, es alimento;
antorcha del pensamiento
manantial del amor.
El libro es llama, es ardor,
es sublimidad, consuelo,
fuente de vigor y celo,
que en sí condensa y encierra
lo que hay de grande en la tierra,
lo que hay de hermoso en el cielo.
Rubén Darío
    

23 DE ABRIL DE 2012
FELIZ DÍA DO LIBRO

martes, 20 de marzo de 2012

Cambio de estacíon: "Benvida Primavera"!!

Nova estación e novas ilusións agardan en cada recanto
 do corazón de cada  neno e nena....a disfrutar!!!

miércoles, 14 de marzo de 2012

Visitamos o Hipermercado Alcampo

Hoxe por fin fomos de excursión,estivemos moi nervosos estes derradeiros días esperando o momento.
O autobús, puntual, recolléunos  no cole e axiña chegamos a Vigo.
No Alcampo esperaba Bea, a monitora que moi pacentemente levóunos a facer un percorrido pola: Carnicería,Pescadería,Pastelería-Panadería (para pasar a Panadería tivemos que vestirnos con roupas axeitadas para manter todo moi limpo e non estropear os alimentos) por último,  a cafetería ,onde tiñamos unha sorpresa:
Unha merendola con croissant,zume,caramelos e dous globos.
Pasámolo xenial!!!que ganas de voltar a facer outra excursión coma esta.


NOTA: Non temos moitas fotos , por que dentro,  no deixaban facelas,snifffffffff.


lunes, 12 de marzo de 2012

PROXECTO SOBRE OS MORCEGOS

Todo comenzó no Entroido. Chucu disfrazarase de “morcego”. Cómo ninguén de nós coñeciamos cousas sobre a vida dos morcegos,comenzamos a investigar……..
Déixovos un link para  que miredes o conto de Chucu:

Aquí tedes o resumo do aprendido na clase de 3 anos sobre o Proxecto dos Morcegos.

ANIVERSARIO AROA

Click to play this Smilebox slideshow

O MARTES 13 IMOS DE EXCURSIÓN:








YUPIIIIII,o martes 13 imos visitar as instalacións do Alcampo  en Vigo para coñecer entre outras cousas :    A panadería  (fabricación do pan), 
a pescadería,carnicería,almacén,etc etc.
Logo imos merendar na cafetería...que sorte.
Ademáis, imos coñecer os sitios onde mamá e papá nunca forón,jejejeje SUPERDIVER!!!xa vos contaremos de regreso.
NOTA:Lembrade,roupa cómoda e sin mochilas.

Máis cousiñas sobre o noso proxecto-

2011-2012, Año internacional de los murciélagos

   Las Naciones Unidas para el Medio Ambiente (UNEP), la Convención sobre la conservación de las especies migratorias de animales silvestres (CMS) y el Secretariado del Acuerdo para la conservación de las poblaciones de murciélagos europeas (EUROBATS) se han unido para celebrar el año de los murciélagos.
    Este evento internacional pretende dar a conocer la importancia de la conservación de estos mamíferos voladores. Existen unas 1200 especies presentes en casi todos los ecosistemas del planeta. Desde los insectívoros a los frugívoros pasando por los nectarívoros, los murciélagos, aún desconocidos y maltratados en muchos lugares del mundo, empeñan un rol fundamental para mantener la salud de nuestros ecosistemas. Los murciélagos también tienen valor económico y sanitario, capturan enormes cantidades de insectos (también los que son plagas agrícolas), permiten reducir el uso de insecticidas en los campos de cultivo y depredan sobre insectos transmisores de enfermedades.
    Tan solo informando y educando a la gente de que deben evitar manipular los murciélagos para no contagiarse de ninguna enfermedad, se ha conseguido reducir un pánico injustificado a los murciélagos. Así, actualmente los murciélagos representan un valor turístico añadido en algunos lugares, por ejemplo laobservación de los murciélagos en Austin (EE.UU.) aporta unos 12 millones de dólares al año.
alt
    La Asociación Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos (SECEMU) aportará su granito de arena a este proyecto internacional y anima a todos sus socios y simpatizantes a participar en la organización o planificación de actividades de divulgación durante 2011 y 2012.

viernes, 9 de marzo de 2012

Día da muller traballadora


8-03-2012 DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Onte festexamos un día moi especial, foi o día da muller traballadora. E pensando,pensando a muller máis traballadora do mundo é.... MAMÁ!!!! entón fixemos un agasallo para ela e asi dárlle as grazas por todo.

viernes, 2 de marzo de 2012

Conto:Horacio el murciélago

Estes días estivemos a escoitar moitos contos sobre os morcegos.O que máis éxito tivo foi esta pequena histoira de Horacio.

martes, 28 de febrero de 2012

miércoles, 22 de febrero de 2012

Problemas técnicos

Queríavos informar que temos problemas  técnicos e que por este motivo ainda non puiden colgar os traballos que fixemos na semana do 13 ao 17 de febrero.Pídovos un pouco de paciencia,axiña estaremos convosco.Un abrazo

lunes, 13 de febrero de 2012

14 de Febreiro "San Valentín"

 Mañana é 14 de Febreiro:
         "San Valentín"
Día dos namorados /as , e das persoas
que teñen moito amor que dar os demáis.
No cole ,celebramos o amor ás familias,o valor
da amizade,etc e aproveitamos ó día de
mañá ,para falar desas cousiñas.
Déixovos un link con curiosidades deste 
día.Pasádeo moi ben!!
Historia sobre San Valentín


E cómo o amor  máis doce é dunha nai o seu fillo ,disfrutade deste contiño sobre as cores dos bicos.


domingo, 12 de febrero de 2012

Na aula de 3 anos estamos coñecendo "O pais das letras".
O persoaxe primeiro e o REI  U. Traballamos  con este persoaxe na clase: pintamos o Rei u buscámolo nos nosos nomes, pintámolo, e cantamos a súa canción.Escoitade cómo é.


sábado, 11 de febrero de 2012

Cumples de Noemí (E.Inf 5 e Alba de E.Inf 3 anos )


Esta semana en Infantil tivemos dous cumples: Noemí que xa cumpriu 6 anos e Alba  que xa                ten  4.... que maiores !!!! 
Cada nena celebrou o seu aniversario coa súa titora, os seus amigos e sobretodo coa súa tarta.Foi moi divertido!!!Parabéns ás dúas. 









domingo, 29 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Click to play this Smilebox greeting


Aniversario da teacher Nuria

O Venres a Teacher Nuria estivo de Aniversario!!!
Pasou polas clases para dárlles aos nenos e nenas unhas chuches,riquíiiiiiisimas....pero tamén tivo sorpresas:os nenos e nenas de Infantil déronlle uns agasallos feitos por eles mesmos.
Parabéns teacher!!!



Click to play this Smilebox collage


domingo, 22 de enero de 2012

Aniversario Ainhoa

Click to play this Smilebox slideshow


DECORANDO A CLASE DE 5 ANOS

Click to play this Smilebox greeting



UNHA GRAN SORPRESA.

Depois de escoitar un conto do libro de Chuco: "A auga pato"* os nenos e nenas quedaron con moitas ganas de ter na clase unha mascota, como a que ten Chucu,  para poder coidala.Asi que o Xoves tiveron unha pequena sorpresa.....

Click to play this Smilebox scrapbook

Podedes escoitar o conto no seguinte enlace
http://www.smvolteretas.com/ver

jueves, 12 de enero de 2012

O Inverno

Holaaaaaaa!!! Xa estamos de volta.....e coas pilas moi cargadiñas.
As vacacións foron moi boas e cheas de agasallos: Papa Nöel e os Reis Magos estiveron nas casas dos nenos e nenas e trouxeron moitísimas cousas, e xenial!!! Agora temos que  traballar moito.Pero ufffffff, qué friaxe verdade? claro...estamos nunha nova estación: O INVERNO
Os nenos e nenas da profe Mari estiveron trocando de estación o mural que temos de Chucu,Lila e Pinto,poñendo folerpas de Neve na paisaxe,esta a quedar precioso!! Os cativos de 4 anos tamén traballan con Lila a nova estación: a roupa do inverno,a casa,etc.
E nós os de 3 anos non perdémolo tempo(iso que somos os máis cativos).
Estamos a traballar e a coñecer a nova a estación "O Inverno".
Miramos o video: "Don Fresquete" e traballamos na pizarra dixital,foi fantástico!!!que divertido é traballar na pizarra.Despois adicamos un anaquiño  cada día a construir un pequeno boneco de neve feito con plásti.
Agora podemos mirar de novo o video e cantar a canción.