lunes, 31 de enero de 2011

PROXECTO OS PLANETAS

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a traballar nun novo proxecto: "OS PLANETAS".
Imos aprender moitísimas cousas nestos vindeiros días.Ollando outros blogs atopamos que nenos e nenas doutros coles traballaron xa con este proxecto .En concreto, os nenos e nenas do colexio Alborada de Vigo no primeiro trimestre ,fixeron algo moi parecido o que nós queremos facer,asi que puxémonos en contacto co seu mestre Casimiro e déunos moitas ideas que levaremos nós a práctica.Graciñas nenos e nenas do colexio Alborada!!!
O primeiro que a fixemos estes días ,foi mirar uns videos interesantísimos que atopamos en internet coa nosa profe Elisa ,e que deixamos para que olledes  vós.................CONTINUARÁ

domingo, 30 de enero de 2011

Día da Paz

Deíxovos con 8 minutos para disfrutar moitísimo.
O venres 28 de Xaneiro celebramos no cole o Día da Paz,ainda que o verdadeiro día e o 30 de Xaneiro.
Fixemos cousas moi interesantes durante toda a semana pero o venres estivo cheo de sorpresas,comenzamos o día cun conto que a profe Sonia preparou para falar da importancia de seren todos amigos e amigas.Ollade que bonito é.


martes, 11 de enero de 2011

Benvidos!!!!

Xa voltamos de novo as clases,que ben!!!,cantas cousas contaron estes nenos e nenas,non paraban de falar,hoxe foi un día de rencontros,faladoiras e xogos.
Mañá retomaremos o traballo diario e tamén poñeremos o blog o día,xa que quedaron traballos e moitas cousas sen amosar.
Que teñades todos e todas un BO ANO 2011