jueves, 22 de diciembre de 2011

lunes, 19 de diciembre de 2011

Novas do Canal Tea

Viernes, 16 de Diciembre de 2011
Os nenos de Ponteareas falan en directo con Papá Noel
Os escolares de Ponteareas mantiveron hoxe unha charla, en rigoroso directo a través de video conferencia con Papa Noel. Os nenos e nenas de Ponteareas puideron, xunto con nenos doutros concellos galegos, pedirlle directamente os seus agasallos para estas festas de nadal.
A videoconferencia e a comunicación en tempo real uniu Laponia, terra natal de Papá Noel e onde, como todo o mundo sabe, ten a súa fábrica de xoguetes, coa rede de aulas de comunicación multimedia dispersa pola xeografía galega entre elas a que se atopa no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas.
Os nenos e nenas de Ponteareas gozaron desta charla directa con Papá Noel ao mesmo tempo que outros nenos doutros concellos galegos, feito que a videoconferencia fai posible.
O obxectivo desta actividade promovida pola rede CeMIT, era o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo. Este é o quinto ano consecutivo que se desenvolve esta iniciativa que conta cunha grande aceptación entre os nenos e nenas.

domingo, 20 de noviembre de 2011

Día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Educación e Valores

Ás persoas que formamos o Equipo de Convivencia Escolar pensamos que sería bonito facer unha presentación na que falemos dos sentimentos dos nenos e das nenas ,dos valores e do seu dereito á Educación.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Cumpleanos José

Onte mércores, un pouquiño antes da merenda, tivemos unha sorpresa, o pai de José viu o cole e  trouxo unha boísima tarta, para celebrar que José xa ten 3 aniños!!!Ollade a festa que preparamos.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Outono

Hoxe estivemos traballando cousas da estación na que nós atopamos:  "O Outono".
Cantamos a canción:"Outono chegou" ,falamos das árbores e das súas follas:caducas e perennes,xogamos un xogo :O barrendeiro e as follas e moitíiiiisimas máis cousas (entre elas celebramos o aniversario de José,3 aniños!!!! xa colgaréi as fotos).
Agora quero que miredes :unha presentación do Outono para poder falar con eles e elas das cores do outono,das árbores,do vento,da choiva,etc
Tamén para os de 4 e 5 unha peli de Mani manitas que fala das follas e o compost .
A canción do :"O barrendeiro e as follas " e por último a canción : Froitos de Outono ,xa que traballaremos con todo isto varios días,veña axiña a disfrutar!!!!!!










viernes, 28 de octubre de 2011

Nota sobre o video :Actividades Samaín

Despois de publicar o video decatéime que o programa non cargara ben os títulos nos espazos onde tiñan que estar ,ou movéunos de sitio noutro caso.
Onde sae as máscaras de Frankestéin dicia:Máscaras dos nenos e nenas de 5 anos e  no obradoiro de pantasmas os nenos/as co mandilón azul son os de 5 e non os de 4.
Espero disfrutedes do video tanto como nós facendo estas actividades.

Actividades Samaín 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

Semana do Samaín

Está semana adicaremos as nosas actividades ao "Samaín "e tamén coa teacher Nuria a "Hallowen".Será unha semana terrorríficamente divertida!!!!

miércoles, 12 de octubre de 2011

Ronda de los conejos

Entre moitas esta é ,a canción que máis lles gosta.


A Asamblea

MOITOS  PREGUNTARÁNSE: POR QUE OS MESTRES/AS DE E. INFANTIL DÁNLLE TANTA IMPORTANCIA A ASAMBLEA?
 
Todas as mañás, empezamos a clase coa ASAMBLEA.

A asamblea en infantil constitúe un momento de reunión entre o mestre/a e
os seus alumnos/ás, nela os nenos/ás expresan os seus sentimentos, vivencias e gustos,
trabállanse coñecementos, valores, hábitos, normas,… e o mais importante se producirá relacións sociais entre o grupo de aula vivindo experiencias
gratificantes e necesarias para o neno/a.



ALGUNHAS DAS CAPACIDADES BASICAS QUE DESENVOLVEMOS NA ASAMBLEA SON:
En canto á socialización, desenvolveremos:
 
- Recoñecemento dos compañeiros/as.
- Vivencias da pertenza a un grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Respecto ás quendas establecidas.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
En canto ás capacidades lingüísticas, desenvolveremos:

- A expresión.
- A ampliación das estruturas vocais.
- Respecto á quenda de palabra.
- Capacidade para situarse no tema que se esta tratando, sen mesturalo con outros temas.
Respecto á capacidade para centrarse no espazo e no tempo:

- Recoñecemento do espazo.
- A organización da estrutura de roda.
- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.
- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da asemblea.
- Adquisición de nocións temporais.
Respecto ás capacidades afectivas:

 
- Establecemento de vínculo co docente e cos iguais.
- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das rutinas.
- A adaptación diaria da vida escolar.
- A regularidade nos hábitos de traballo.
- A superación da timidez ao participar nas actividades da asemblea.
- O desenvolvemento da autoestima.
Respecto ao desenvolvemento das capacidades cognitivas:
 
- Desenvolvemento da atención e da observación.
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa-efecto
- Desenvolvemento da memoria.
- Discriminación de detalles.

CANCIÓNS

Algunhas das cancións que cantamos  polas mañás son:

CANCIÓN DOS BÓS DÍAS

Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
Bós días ,bós días  a ti ,si si ,si si
moi xuntos queremos estar
moi xuntos despois de cantar
si si,si si,si si

OUTONO CHEGOU 

Outono chegou,marrón e amárelo
Outono chego e follas secas estampou
O vento de Outono sopra soprará
Coas follas secas me deixa xogar.

O MEU CORPO

Teño dous ollos e unha nariz
Dúas ourellas e na boca
Teño os dentes
Para masticar
E a lingua para falar
Laralaralala laralaralá
Con estas dúas máns eu poido aplaudir……

Agora, tedes que cantar con eles/elas

lunes, 10 de octubre de 2011

martes, 4 de octubre de 2011

Calendario das merendas para os cativos de 3 anos.


Esta semana traballaremos moitas cousas sobre as normas da clase.
A profe fixo un calendario para non esquecer o que temos que merendar cada día da semana
é deste xeito facer "merendas saudables".
Agora témolo no blog para que sexa máis doado lembralo.


martes, 13 de septiembre de 2011

BENVIDOS!!!!



Cativadas Oliveira esta a despertar dun looooongo  verán.
Imos amodiño, pero moi ,moi axiña estaremos con todos e todas 
para pasar momentos cheos de ledicia....moita pacencia!!!!

lunes, 4 de julio de 2011

Agradecementos

Non quería despedir o curso sin agradecer todos os comentarios que nos deixastedes no blog....eso da moitos ánimos,Gracias ;Mami,Matilde,Casi,Compis do cole  e familias anónimas,moitas grazas  e bicos

Xa somos nenos e nenas de Primaria

Fin de curso:Entrega de Orlas.
Foi moi emocionante,por que  cada ciclo que remata,tamén rematan moitos meses de vivenzas preciosas,cada un ten a súa historia,dende que chegaron por primeira vez o cole , e cando os miras  e daste conta que xa se marchou  unha parte da súa vida e velos  tan seguros,tan cambiados,tan ledos o único que podes sentir e moita alegría de ter unha profesión tan bonita como esta .
Noraboa !!!! e "Felices Vacacións" con isto pechamos o curso 2010-2011 no Blog.
De tódolos xeitos colgaremos cousas interesantes para os cativos e cativas ,para que disfruten no verán,vémonos en Setembro
Non deixedes de visitar o Blog.

Click to play this Smilebox thank you


Cumples

Nós cumprimos anos no verán,e a profe Elisa quixo celebralo con nós antes do remate do cole.
Parabéns para todos e todas!!

Click to play this Smilebox greeting
Felicidades!!!!!


XOGOS POPULARES

Último día  de clase:Xogos Populares.
Pásamolo máis que ben!!!!Todos xuntos,cooperando 
e traballando para divertirnos.....que pena que remate o cole.


Click to play this Smilebox collage


Menudo día!!!!os cativos e cativas disfrutaron un montón gracias os hinchables que a ANPA trouxo o cole .
E para rematar ben a festa: una merendola entre todos.
Foi un día moi especial,cheo de ledicia.
Son moitas fotos pero non quixen quitar ningunha para que miredes o que deu de si a festa!!!!!

Click to play this Smilebox slideshow




Click to play this Smilebox invite


domingo, 12 de junio de 2011

VISITA AO PARQUE NATURAL DE MARCELLE-LUGO

Click to play this Smilebox scrapbook


ARTE:PABLO PICASSO

Estamos a coñecer a un novo pintor, neste caso tocoulle o turno a Pablo Picasso.
Hai unha semana fixemos nós, os de E.Infantil de 5 anos, un programa na radio do cole e falamos  todos os rapaces/as de quén era, onde  naceu,estudou e traballou.
O primeiro foi ver un corto de animación de Cantinflas que falaba  da vida de Pablo Picasso,moi simpático. E outro día cómo xa coñeciamos algo da súa vida miramos un  cadro impresionante "O Guernica". Era un documental especial por que as partes do cadro se separaban. Podedes miralo agora.
 GUERNICA EN 3D




FOI DIVERTIDO MIRAR ESTE VÍDEO: CANTINFLAS E PICASSO.




DESPOIS DE TODO O QUE APRENDIMOS ....MANS Á OBRA

Click to play this Smilebox scrapbook