miércoles, 15 de diciembre de 2010

Nota para as familias, amigos,etc etc

Algunhas das entradas están nun formato especial e para visualizalas fotos ou os videos tendes que darlles as frechiñas onde di " play "para que empece a funcionar.
Agardamos que disfrutedes cos traballos diarios dos nenos e nenas,son tantos ,que se xunta moitísimo material e as veces é imposible publicalos no mesmo día.
Moitas grazas por seguirnos e gostaríanos mirar os vosos comentarios,no vós esquezades!!!!!

Nadal no mundo

Click to play this Smilebox photo album

lunes, 13 de diciembre de 2010

O 5 de Decembro estivo Carmen de Aniversario,cumpriú 5 aniños,pero con tantos días de festa celebrámolo o venres pasado.
Carmen estaba feliz ,soprou moi forte as velas da tarta,pediu un desexo e repartiu os agasallos os amigos.
Que venres tan bonito!!!

Novas dos nenos de 4 anos

Unha nova sorpresa chegou:"A árbore de Nadal"!!! e imola a decorar.


Estamos chegando o remate do Outono, estivemos repasando toooooooodo o aprendido:as árbores,as follas,os froitos,etc.Para despedirnos e cómo ainda tiñamos na clase moitas noces fixemos un barquiño de cáscara de noz  coas profes Mari e María Xosé,despois a profe Elisa púxonos un video clip ....e qué sorpresa saía o noso barquiño!!,ollade que ben o fixemos.


Tamén podedes ver o video clip de Miliki que miramos nós ,e lembrade que seguimos co proxecto do Nadal esta semana!!!!!!


viernes, 10 de diciembre de 2010

Queridos pais e nais,
Nestes días chegou unha sorpresa ao aula da man da profe Paula. Qué será será...? Pouco a pouco decubrirémolo xuntos, desexamos que vos guste.

Cumpreanos de Victoria

Victoria tamén estivo de cumpre o día 2 de decembro,trouxo unha tartiña boísima e uns agasallos para os compis,todos quedaron abraiados!!!Pero o mellor sabedes qué foi ? estrenou o:"TARTIGORRO" a que mola?Que os teus 5 aniños esten cheos de ledicia!!!

CUMPREANOS DE SARAY

Pásamolo xenial no teu cumpre...grazas.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Dia da Constitución

Hoxe celebramos o Cumple da "Constitución"....ese libriño tan gordo que nos fala
dos nosos dereitos e deberes.
Parabéns!!!!

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Titiricircus

Non esquezades que a volta das mini vacacións,o día 9 de decembro,teremos a sorte de poder disfrutar dun espectáculo precioso de títeres :"Titiricircus" a cargo do importante grupo teatral:Tanxarina.
As familias están invitadas e todos xuntos podemos gozar pretiño da casa deste prestixioso mundo.


Argumento: Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor; a historia de dous vellos traballadores que recordan agora con marionetas as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo...

Proxecto:Nadal no Mundo

Onte  o voltar do recreo e coma sempre, tivemos o noso momento de relaxación escoitando un audio de Vivaldi,pechamos os ollos é escoitamos a música.
Pero esta vez cando abrimos os ollos tiñamos unha sorpresa a profe trouxeranos un"globo terraqueo",que diver!!!alumeaba toda a clase.
A profe explicounos moitas cousas sobre o planeta terra,os polos,os continentes,os paises,e a xente que vive neles.Tamén miramos nun mapa todos eses sitios.
Foi moi gracioso descubrir ,que cando nos, estamos no inverno  noutros sitios están no verán,que cando nos durmimos,outros nenos espertan,etc
Fixemos moitas preguntas e pasámolo moi ben coloreando cada un o noso globo terraqueo.....
Pero de súpeto ,descubrimos unha cousa,si nos estamos casi no Inverno e chega  :O NADAL noutros paises que están no verán cómo  celebran eles ese día? CONTINUARÁ.....